23.02.18.- A compañía Unión Fenosa remitiu un escrito ao Concello de Vilamartín para lembrarlle a todos os veciños a necesidade de manter limpas as zonas debaixo das liñas eléctricas. Lembra que hai que facelo en cumprimento da Lei 12/2012 de montes de Galicia e a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios de Galicia. En caso de que os veciños non o fagan será Unión Fenosa o que proceda a súa limpeza sen custe.
A empresa lembra que en liñas de distribución de enerxía eléctrica deberá manterse limpa unha franxa de 5 metros dende a zona onde estean ubicadas as liñas. En toda esa zona non poderá haber árbores. A compañía remitirá os planos das zonas a limpar para que se poñan a exposición pública e que os veciños poidan proceder a súa limpeza. Si pasados 15 días do prazo de exposición e o propietario do terreo nos fixo as correspondentes labores de xestión da biomasa Unión Fenosa procederá a realización dos traballos.