05.12.16.- O concello colabora cunha campaña de recollida de alimentos e xoguetes para as persoas máis necesitadas nestas datas próximas ao Nadal. Están marcados dous puntos de recolecta de alimentos non perecedoiros e tamén de xoguetes para os máis pequenos. Solicitan colaboración a todos os veciños para axudar aos que o necesitan.
PUNTOS DE RECOLLIDA
-De luns a venres no Concello de Vilamartín
Horario: 8 a 14 horas
-Todos os venres no Centro Vía Nova
Horario: 19 a 20 horas
Galego