A asociación de concellos do Camiño de Inverno dedicará un día ao ano á promoción do camiño en cada comarca

14.12.18.- Os membros da Asociación de Municipios polos que transcorre o Camiño de Inverno reuníronse esta semana en Ferreira de Pantón e adoptaron unha serie de acordos. Entre eles o de dedicar un día ao ano á promoción do camiño en cada unha das comarcas polas que pasa. O ano que ven empezarase polo Bierzo por ser onde empeza esta ruta. Nese día promocional faranse charlas, exposicións e outras actividades aínda por acordar. Tamén pensan en facer un recoñecemento a algún persoeiro famoso que estea relacionado co camiño. A proposta está para o ano que ven para o xornalista Carlos Herrera que fixo o camiño hai uns meses.

Ademais de actividades tamén se acordou continuar coa petición oficial para o recoñecemento do camiño desde Ponferrada, xa que a día de hoxe solo se recoñece desde as Medulas. Para este e outros temas tamén queren facer unha petición de entrevista cos Presidentes da Xunta de Galicia é co de Castela e León.

Outros proxectos a por en marcha

Tamén queren poñer en marcha un proxecto gastronómico que consiste en gravar en cada Concello un prato típico ademais de algún artesán é resaltar algún monumento ou cousa de interese. Unha vez gravado emitiríase nun programa que se pasará na televisión do Bierzo é intentarase pasar na Galega. Este apartado vaise completar coa realización dun vídeo promocional do camiño e unha páxina web.

Por outro lado estabeleceuse  a contía de inscrición dos concellos na asociación que será de 500€  é a cota anual por Concello que será de 1.000€.

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.