O Concello pon a disposición dos alumnos un servizo de impresión de contidos escolares

Cartel anunciando o servizo de impresión

08.04.20.- O Concello de Vilamartín continúa co seu traballo de axudar aos veciños durante o Estado de Alarma orixinado pola enfermidade do Coronavirus. Ademais das desinfeccións nas rúas e o servizo do teléfono de axuda para compras e outras necesidades, agora poñen en marcha un servizo orientado aos alumnos do centro escolar Xosé Manuel Folla Respino. Nesta ocasión poñen a disposición do alumnado as impresoras municipais para que poidan facer copias de traballos e contidos escolares.
A encargada desta iniciativa é a Concelleira de Cultura, Claudia Núñez, quen explicou que se decidiron a ofrecer este servizo “ante a necesidade dos pais e nais que non teñen impresora na casa”. A edil socialista engadiu que este servizo faise necesario porque “como non sabemos ata cando se vai alargar isto chamamos ó director do colexio e pareceunos unha boa opción darlle facilidade para que os nenos poidan seguir traballando con normalidade durante o confinamento”.
Para poder facer uso deste servizo de axuda só é preciso enviar un correo electrónico a concello.vilamartin@eidolocal.es e desde o ente local encargaranse de imprimilo e facerllo chegar ao alumnado a través dos membros de protección civil.

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.