O pleno de Vilamartin reclama unha solución inmediata á estrada do pobo de San Vicente

Pleno celebrado o día 30 de xaneiro (Foto cedida por Susana Prieto)

O concelleiro de Participación Cidadá e veciño da localidade de San Vicente, José Luis Álvarez Álvarez, foi o encargado de ler a moción presentada ao pleno. Na lectura indicou que a situación desta poboación é precaria xa que ao ter a estrada de acceso cortada non pode chegar a el nin "un camión de butano, unha ambulancia, un coche fúnebre ou un camión de bombeiros" . Solicitou á Corporación Municipal o seu apoio e que "se faga un manifesto, de apoio a favor de que, na maior brevedade posible, a Deputación nos acondicione un acceso, aínda que sexa povisional,nas debidas condicións de seguridade,para que poidamos acceder os veciños, e poidan acceder a prestarnos os servizos arriba comentados". A moción aprobouse co apoio dos votos socialistas e a abstención do grupo do PP.
Na mesma sesión plenaria tamén se aprobou, en identicas condicións de votos, unha moción de apoio aos veciños e usuarios do Centro de Saúde da Rúa na súa reinvindicación de ter un novo centro de saúde.

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.