02.12.19.- Estreamos mes de decembro e un ano máis xa están preparadas as actividades do Campamento urbano do Vilanadal. O Concello abre o prazo de inscrición para que este ano uns 45 nenos poidan gozar de varias actividades que se celebrarán no pavillón municipal. Os obradoiros, inchables e outras sopresas estarán listas para empezar o día 23 de decembro e rematarán o día 3 de xaneiro. Hai posibilidade de apuntarse por días soltos, para unha semana ou para todo o Nadal.
21.06.19.- Comeza o verán e ábrese o prazo para apuntarse nas actividades de Vilaverán. Xogos e obradoiros que cada ano fan as delicias dos máis pequenos da casa. As follas para apuntarse e as taxas están dispoñibles na casa do concello. As prazas son limitadas.
14.06.18.-Un ano máis ábrese o prazo para apuntarse no Vilaverán. As actividades que se realizarán nos meses de xullo e agosto tanto para a nenos de familias empadroadas como as que se achegan ao noso concello para disfrutar do seu tempo libre. A documentación entregase no concello xunto co xustificante de pago para completar o proceso de matricula.
-PREMEDE NO SEGUINTE ENLACE E PODES DESCARGAR O DOCUMENTO PARA A INSCRICIÓN:
26.06.17.-O Concello de Vilamartín pon en marcha un ano máis o Vilaverán para os máis pequenos da casa. As actividades que se farán entre os meses de xullo e agosto teñen aberto o prazo de inscrición ata o día 7 de xullo. Os interesados teñen que achegarse ata o Concello e cubrir unha solicitude ademais de facer o ingreso da cuota de inscrición.
03.05.17.- Este luns, día 8, remata o prazo para poder apuntarse nesta Andaina Solidaria para continuar coa recadación de fondos para o proxecto de Biopsia Líquida que está levando a cabo Oncomet. Os lugares nos que se poden apuntar estes días son a Asesoría Firmar en Vilamartín e nas tendas Tri-Sport no Barco, A Rúa. Tamén se poden anotar a través da plataforma www.carreirasgalegas.com . O custe é de 8€ dende os 14 anos en adiante e de 3€ para os pequenos.
28.01.17.-Vilamartín será o punto de referencia o día 4 de febreiro para aprender máis sobre o deporte de Orientación. O Club Peña Trevinca Barco, a través da súa sección de Orientación, organizará esta actividade cunha parte teórica e outra de práctica que se porán en marcha entre o Centro Santa Lucía e o pavillón de O Bañadoiro.
A xornada terá o seguinte horario e condicións de participación:
02.09.16.-A Concellería de Deportes de Vilamartín anuncia a apertura do prazo para apuntarse en varias actividades deportivas como o fútbol sala para nenos ou solicitar o uso das instalacións para a ximnasia,o pilates ou mesmo baile de salón .
17.06.16.- Os meses de vacacións dos máis pequenos da casa van estar cheos de actividades en Vilamartín como a natación, os talleres de cociña, as excursións, o teatro, etc. Para poder participar en todas elas está aberto o prazo de inscrición no concello de 10 a 13 horas. Na casa consistorial terán que encher unha solicitude cos datos e pagar unha cota. Este ano os nenos de familias empadroadas pagarán 40 €/neno e os que non o estean 80 €/neno.