31.07.19.- O Concello de Vilamartín asinou neste fin de do mes de xullo un convenio ca Consellería de Política Social para formar parte do programa “ Xantar na casa”. Con este convenio poderase atender a persoas maiores en situación de dependencia. No caso de Vilamartín uns 10 veciños poderán ser atendidos, recibindo apoio nas súas casas ademais de axuda na súa alimentación diaria.
15.03.18.- Esta mañá celebrouse unha reunión en Ourense co presidente da Deputación de Ourense, onde se lograba un “compromiso por escrito” para mellorar a situación da estrada a San Vicente de Leira. Entre os acordos están a retirada da valla fixa e a colocación dunha móbil para o paso de vehículos de emerxencias. Ademais arranxarase a pista municipal para contar cun acceso ao pobo alternativo. Ante estes acordos o rexedor comunicou que a paralización das mobilizacións deixaríaa nas mans dos veciños.
31.10.16.- As clases de música para aprender a tocar a gaita xa empezaron no pobo de Córgomo. Nove nenos de idades comprendidas entre os 8 e os 11 anos animáronse este ano a participar. Tamén se apuntaron 6 adultos que recibirán as súas clases da man da profesora Raquel Fernández Fernández. As clases impartiranse todos os mércores de 19:30 a 20:45 para os máis pequenos e a partir das 21 horas para os maiores. Este será o segundo ano que se imparten clases de música na Casa do pobo de Córgomo.