06.04.19.-O Concello ven de organizar un taller de Igualdade e prevención de violencia de xénero para adultos que se celebrará o día 11 de abril. A cita totalmente aberta a todo aquel que estea interesado no tema será a partir das 16:30 horas no Centro Vía Nova (Rúa Miguel de Cervantes).
04.05.18.- A Concellería de Asuntos Sociais de Vilamartín puxo en marcha esta semana un taller de envellecemento activo. Dez veciños participaron o luns e o xoves nas primeiras actividades que dirixe a experta Iría Fernández García nas dependencias do edificio multiusos Vía Nova. A idea é que este taller teña continuidade ao longo de todo ano cun pequeno parón para as vacacións.