02.11.20.- Este ano a carreira para recaudar fondos para a loita contra o cancro de páncreas será virtual. A coñecida como "Carreira das Cidades" busca continuar coa recaudación dun xeito distinto debido á situación pola Covid-19. Os interesados teñen que inscribirse na web www.carreracancerpancreas.es e despois participar do 19 ao 22 deste mes de novembro. Os fondos que se recaudan na Carrera das Cidades son destinados a becas para a investigación do cancro de páncreas.
10.11.18.- O Concello de Vilamartín será protagonista e colaborador dunha actividade deportiva que se está a realizar por catro puntos da xeografía española. Trátase da Carreira das Cidades, contra o cancro de Páncreas. A data desta carreira é o próximo 25 de novembro e está promovida por ACANPAN (Asociación de Cancro de Páncreas) e AESPANC (Asociación Española de Pancreatoloxía) e organizada por unha iniciativa particular coa colaboración da Delegación de Valdeorresa de Atletismo e o Club Peña Trevinca.
05.02.17.-O xefe do servizo de Oncoloxía do CHUS (Hospital de Santiago) e do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) é o vilamartinés, Rafael López. Este especialista, co seu grupo, puxo en marcha unha campaña pioneira para recaudar fondos e conseguir avanzar no desenvolvemento dunha técnica para loitar contra a enfermidade do cancro. Trátase da biopsia líquida, unha técnica experimental que permite saber en 24 horas e cunha análise de sangue o estado no que se atopa un tumor.