04.06.19.-O Concello de Vilamartin vai mellorar con fondos propios o alumeado exterior e interior do pavillón deportivo municipal que está no Bañadoiro. A concelleira de Deportes en funcións, Eva Arias, anunciou que xa chegaron as luminarias para poder instalalas nos próximos días.
21.09.18.- A Concellería de Deportes xa ten lista a programación deportiva ata final de ano para os máis pequenos da casa. O fútbol sala e as actividades de multideporte faranse os mércores e venres no Pavillón Municipal de Deportes no Bañadoiro. Establecen un mínimo de 8 número de asistentes para levar a cabo estas actividades e falta de asistencia pode levar a suspensión da mesma. O próximo 3 de Outubro será o momento de empezar estas actividades.
03.09.18.- Dende a Concellería de Deportes anuncian que se abre o prazo para solicitar os horarios de uso de entrenamentos no Pavillón Polideportivo Municipal na tempada 2018-2019. Os equipos interesados deben dirixirse ao Concello para recher unha folla de solicitude na que deben incluir os seguintes datos:
-Nome do equipo
-Datos de contacto da persoa encargada do equipo (teléfono, email)
14.02.17.- O Concello de Vilamartín xa ten un espazo cardioprotexido no pavillón municipal do Bañadoiro onde está situado un aparello desfibrilador. Este sistema foi comprado polo concello e subvencionado ao 50 por cento pola Deputación de Ourense. Para aprender a utilízalo a Concellería de Deportes puxo en marcha un curso no que participaron 8 persoas. Esta aprendizaxe fíxose no mes de decembro por persoal de Ambulancias Sil.