Na sesión plenaria celebrada o día 30 de xaneiro aprobouse unha moción presentada polo grupo municipal socialista solicitando unha solución para o acceso ao pobo de San Vicente.
05.04.19.- Esta semana comezaron os traballos de dobre tratamento na estrada de Correxais. A chegada do mal tempo paralizou as obras ata que mellore. Este vial levaba máis de 20 anos sen un traballo completo de reforma polo que o concello pediu axuda á Deputación para poder reparala. Neste caso explicou, Rique Barreiro“despois de dous anos logramos poñer en marcha o proxecto”. A concello redactou o informe e a Deputación asumiu o custe dos traballos por valor de 48.000 euros.
15.03.18.- Esta mañá celebrouse unha reunión en Ourense co presidente da Deputación de Ourense, onde se lograba un “compromiso por escrito” para mellorar a situación da estrada a San Vicente de Leira. Entre os acordos están a retirada da valla fixa e a colocación dunha móbil para o paso de vehículos de emerxencias. Ademais arranxarase a pista municipal para contar cun acceso ao pobo alternativo. Ante estes acordos o rexedor comunicou que a paralización das mobilizacións deixaríaa nas mans dos veciños.
06.03.18.- A estrada pertencente á Deputación de Ourense leva sufrido nos últimos días graves derrubes que acentúan o estado de ruína no que xa se atopaba. O rexedor leva sete anos tentando buscar unha solución co organismo provincial a un vial que leva case 25 anos de problemas polo mal estado. Ante a falta de actuacións e dado que o problema se agravou nos últimos días, esta tarde convocouse unha rolda de prensa no pobo de San Vicente no que se anunciaron medidas de presión.
13.07.17.- A estrada de Penouta sofreu, a uns 400 metros á entrada do pobo, danos durante as fortes treboadas do mes de maio o que obrigou ao seu corte ao tráfico case totalmente. As obras de reparación que se levan feito nos últimos días permiten que a partir desta tarde, do día 13 de xullo, xa se poida circular por ela con seguridade. As fortes treboadas con trombas de auga atascaron e romperon as tubaxes soterradas que había nese tramo.
25.05.17.- A estrada de Cernego leva sufrido numerosos desperfectos dos que se ten que feito cargo ata o de agora o Concello. Estes problemas no vial están provocados polo paso continuo de camións cargados con madeira cortada nos montes da zona. A pesar de que existe unha sinalización onde se indica que non poden transitar con cargas superiores a 5,5 toneladas por eixe non se está a facer caso por parte das empresas madeireiras. Hai coñecemento do paso de camións con cargas superiores a primeiras horas da mañá.
16.03.17.- A brigada municipal de Vilamartín procedeu esta mañá a comezar o arranxo das fochancas da estrada que une Córgomo e Portela. Empezaron dende a zona do cruce co acceso ás Gralleiras en dirección ao cemiterio. Este é un dos traballos de reparación das estradas do municipio que están levando a cabo nos últimos meses. Xa se fixeron arranxos nas vías de Cernego e Valdegodos e agora continúan nesta de Córgomo.
24.02.17.- A ampliación da estrada de Valdegodos a Córgomo formaba parte dos obxectivos do programa socialista e agora están cumprindo o prometido. O alcalde, Rique Barreiro, explica que por esa zona pasea moita xente e “había momentos nos que os peóns tiñan que meterse no monte e o mesmo pasaba para cruzarse dous coches, polo que esta obra era moi importante facela”.