04.07.19.- A corporación municipal empezou o seu traballo e constituíuse a través de sesión plenaria celebrada esta semana. Ademais aprobouse a periodicidade dos plenos que serán cada dous meses ás 13:30 horas e fíxose público quen se encargará de cada concellería. A continuación presentamos cada concelleiro do grupo de goberno:
01.11.18.- Durante o mes de outubro comezaron as actividades deportivas no Concello de Vilamartín, tanto de adultos como de cativos.Unha das actividades de nova creación este ano para os cativos foi a de multideportes. Está orientada a nenos e nenas dende 5-6 anos ata os 14 e faise os venres de 18 a 19 horas.
25.02.17.-A Concellería de Participación Cidadá solicita a todas as asociacións deste Concello que presenten as contas do ano 2016 xunto a un informe das actividades realizadas. Rogan que ao mesmo tempo lles fagan chegar a memoria e orzamento para os proxectos que desexen realizar neste 2017. Esta información que lles solicitan e imprescindible para poder optar ás axudas que se conceden neste municipio e a colaboración do mesmo nos seus proxectos.