13.09.19.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten o prazo aberto para a solicitude de axudas ao aluguer do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. O prazo pecharase o día 11 de outubro e a continuación teñen onde obter máis información e os trámites a realizar.
12.02.18.- O programa de intermediación para a creación dunha lista de casas en alugueiro e venda no municipio está aberto a todos aqueles que queiran facilitar que persoas interesadas en vivir no noso Concello poidan facelo.
25.09.17.- O Concello de Vilamartín tentando interpretar o sentimento de solidariedade e compromiso dos veciños procedeu a instalar unha hidroestufa de pellets nunha vivenda de propiedade municipal destinada a persoas desfavorecidas.
09.05.17.-O Concello de Vilamartín de Valdeorras acolleu onte pola tarde a sinatura dun convenio de colaboración polo que se pon a disposición de Cruz Vermella unha vivenda nesta localidade para a atención de persoas refuxiadas ou solicitantes de asilo.