medico

Vilamartín seguirá contando cun segundo médico segundo o xerente da área sanitaria

07.09.17.- Vilamartín seguirá tendo dous médicos no seu centro de saúde. Así o afirmou esta mañá o responsable da EOXI (Estrutura Organizativa de Xestión Integrada) Ourense, Verín e Valdeorras, Dionisio Bellido,  nunha reunión no Concello. Dionisio Bellido afirmou que a praza do médico que se acaba de xubilar, Valentín Murciego,  vai continuar activa e incluirase no próximo concurso de prazas médicas. Ata ese momento o responsable da EOXI asegurou ao alcalde e representantes dos grupos políticos da oposición que se seguirán cubrindo esta praza.

Undefined

Preocupación ante a falta de cobertura dunha praza de médico do Centro de Saúde por xubilación dun dos facultativos

26.07.17.- O Centro de Saúde de Vilamartín conta na actualidade con dous médicos pero a partir do 9 de agosto un deles vaise xubilar sen que, de momento, se teña noticia de que se vaia a cubrir a súa  praza. O que implicaría que o centro quedaríase cun solo médico para atender a toda a poboación.

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.