reunión

Reunión este xoves de programación de actividades deportivas

11.09.18.- Este xoves celebrarase unha reunión na Casa do Concello para a planificación das actividades deportivas anuais. Dende a Concellería de Deportes solicitan a asistencia de pais,nais e nenos interesados para poder programar o calendario de actividades que se imparten todos os anos dende o concello. 

A reunión será este xoves, día 13 de setembro, ás 19:30 horas na Casa do Concello. 

Undefined

Vilamartín recibiu aos membros da Asociación de Concellos do Camiño de Inverno na reunión de inicio de actividade desta entidade

02.02.18.- O Concello de Vilamartín, que ocupa a vicepresidencia da Asociación de Concellos do Camiño de Inverno, recibiu esta semana ao resto de socios para continuar na montaxe desta nova entidade. Na reunión, celebrada o luns 26 de xaneiro,  estiveron presentes alcaldes e representantes de 19 dos 23 concellos asociados entre Galicia e o Bierzo.
Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.