21.10.19.- A construción da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Arcos vai dar máis traballo do esperado xa que haberá que ampliar a súa capacidade para poder dar servizo a todos os veciños. Na redacción da memoria inicial contemplábase facer unha EDAR duns 300.000 euros para recoller as augas residuais de Arcos, Córgomo e Valdegodos pero os técnicos están estudando de novo o proxecto porque non vai ser suficiente co espazo previsto.
02.11.18.- A actividade de fútbol sala que imparte o concello de xeito gratuíto para os nenos comezou no mes de outubro cunha pequena axuda de Deputación. Dende a Concellería de Deportes informan da concesión dunha axuda económica por valor de 646.22 euros para sufragar unha pequena parte desta actividade para todo o ano. Dita contía, explican que é a única que en Deportes se recibe dende a Deputación de Ourense de xeito anual.
01.11.18.- Durante o mes de outubro comezaron as actividades deportivas no Concello de Vilamartín, tanto de adultos como de cativos.Unha das actividades de nova creación este ano para os cativos foi a de multideportes. Está orientada a nenos e nenas dende 5-6 anos ata os 14 e faise os venres de 18 a 19 horas.
12.04.18.- O Concello de Vilamartín aprobou esta tarde os orzamentos para o ano 2018 nun pleno extraordinario. Unhas contas que ascenden a algo máis dun millón e medio de euros e nas que o grupo de goberno socialista “procurou facer contención de gasto sen merma de servizos” tal e como explicou o alcalde, Rique Barreiro. O presuposto foi aprobado cos votos a favor dos socialistas e a abstención do concelleiro da oposición, José Pinto.