varios

O tren de Papá Noel percorrerá mañá varios pobos de Vilamartín

23.12.20.- O tren de Papá Noel percorrerá na tarde do día 24 varias localidades deste concello para desexarlle unhas boas festas a todos os veciños. Para manter as normas de seguridade Covid-19 o tren non parará en ningún lugar, nin se poderá manter contacto cos ocupantes. A caravana partirá as catro da tarde e percorrerá as rúas centrais de varios pobos, entre eles o casco urbano,San Miguel, Valdegodos, Córgomo, Portela e Arcos. Ademais de visitar as dúas residencias de anciáns da localidade.

Galego

A limpeza de varios cauces de regatos e ríos facilita a xestión das riadas nestes momentos

19.12.19.- As fortes choivas destes días fan que os cauces fluviais estean ao seu máximo de capacidade e con problemas por desbordamentos nalgúns puntos. As limpezas efectuadas en varios regatos e ríos contribuíu a que a situación non fora más perigosa nestes momentos. No verán o Concello de Vilamartín procedeu a facer unha solicitude á Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que se procedera a limpeza das marxes destes regatos e ríos, tala das árbores e retirada de lixo por partes das brigadas da Confederación.

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.