Veciños de Córgomo aprenden a tocar a gaita con clases semanais

31.10.16.- As clases de música para aprender a tocar a gaita xa empezaron no pobo de Córgomo. Nove nenos de idades comprendidas entre os 8 e os 11 anos animáronse este ano a participar. Tamén se apuntaron 6 adultos que recibirán as súas clases da man da profesora Raquel Fernández Fernández. As clases impartiranse todos os mércores de 19:30 a 20:45 para os máis pequenos e a partir das 21 horas para os maiores. Este será o segundo ano que se imparten clases de música na Casa do pobo de Córgomo.

    

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.