21.11.16.- A Concellería de Deporte organiza este sábado, día 26 de novembro, un taller de "Saúde e movemento, iniciación á marcha nórdica" . Os interesados en participar nesta actividade gratuíta, teñen que apuntarse no concello ou no centro de saúde de Vilamartín. O prazo para anotarse remata este xoves, 24 de novembro ás 15 horas. O curso estará impartido por unha monitora deportiva do INEF(Instituto Nacional de Educación Física) e por médicos de Vilamartín e Coruña.
Que é a marcha nórdica?
É un deporte de resistencia e tamén unha forma de exercicio ao aire libre consistente en camiñar coa axuda duns bastóns similares aos que se utilizan no esquí.
Galego