21.05.17.-Máis de 300 persoas participaron nunha andaina solidaria por roteiros marcados no territorio do concello. A máis longa de 17 kilómetros subiu dende a zona do Bañadoiro ata o pobo de Correxais con magníficas vistas de toda a zona. A segunda andaina duns 3,4 kilómetros percorreu a zona do Bañadoiro á beira do río Sil.
Todos os participantes contribuiron co diñeiro da súa inscripción ao proxecto de Biopsia Líquida que está levando a cabo o equipo de Oncomet que lidera o experto vilamartinés, Rafael López.
A continuación amosámoslle unhas fotos que resumen un día inolvidable cheo de solidaridade.... Moitas grazas a todos os participantes e a todos os que colaboraron nesta actividade que levamos a cabo o 14 de maio.
O alcalde de Vilamartín, Rique Barreiro, xunto ao Rafael López de Oncomet.