23.12.16.-O Concello de Vilamartín recolleu máis de 100 quilos de comida nesta primeira fase da campaña solidaria na que están colaborando. A maior parte foi recollida pola Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo. Nestes días os membros de Protección Civil están recollendo a primeira fase das doazóns. A campaña segue aberta ata o día 3 de xaneiro para alimentos non perecedoiros e xoguetes.
PUNTOS DE RECOLLIDA activos ata o día 3 de Xaneiro
-De luns a venres no Concello de Vilamartín
Horario: 8 a 14 horas
-Todos os venres no Centro Vía Nova
Horario: 19 a 20 horas
O NOSO AGRADECEMENTO Á ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS DE CÓRGOMO POLO TRABALLO FEITO
Galego