Rematado o Camiño das Soutelas en Correxais con fondos europeos

18.10.16.- O camiño das Soutelas no pobo de Correxais está arranxado a través dunha subvención que conseguiu o Concello de Vilamartín.  A axuda de 43.033 € procedente dos fondos europeos Feader (Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento do Rural) estaba destinada á mellora de camiños de acceso a  explotacións agrarias. Neste caso as beneficiarias son dúas granxas de gando vacún e caprino da localidade de Correxais.

O traballo completo tivo un custe de 52.069,93 € cos que se realizaron obras de regularización e ancheado dun tramo de 300 metros de camiño.  O trazado estaba irregular con zonas de rocha que eran perigosos no inverno, coas obras ampliouse o trazado a 3,5 metros de ancho e construíuse unha cuneta, todo con formigón duns 15 centímetros de fondo. O camiño era máis longo que a parte subvencionada polo que o concello asumiu o resto de obras e asentou o resto do trazado cunha máquina.

 

Datos da subvención

Feader: Europa inviste no rural

Proxecto: Mellora Camiño das Soutelas

Orzamento total: 52.069,93 €

Importe da axuda: 43.033 €

Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias PDR de Galicia 204-2020 na convocatoria de 2016

              

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.