20.09.16.- A romaría de San Cosme no Robledo, o 25 de setembro, conta dende hai uns anos con asistentes que chegan ao pobo despois de facer unha andaina duns 8 quilómetros dende o centro de Vilamartín. A ruta pasa por lugares de gran beleza paisaxística e elementos etnográficos propios da comarca como os muíños, albares e sequeiros que chaman a atención dos camiñantes, de feito o trazado coñecese como “ Ruta dos muíños de San Cosme”.
O concello apoia esta andaina, autoxestionada polos propios participantes, aportando aos membros de Protección Civil para axudar a que o camiño se faga o máis seguro posible. A hora de partida é ás 9:30 da mañá dende a Praza José Luis Núñez no casco urbano de Vilamartín.
Todos os interesados en unirse a esta experiencia só teñen que presentarse neste lugar o domingo e facer o camiño e vivir a romaría de San Cosme no Robledo. Unha vez alí poden degustar polbo á feira e callos entre os pratos que se poñen á venda nesta festa.