Vilamartín busca unha empresa para continuar co Servizo de Axuda a Domicilio no 2017

21.11.16.-Unhas 30 persoas necesitan cada mes deste servizo que na actualidade, e ata fin de ano, está  levando a cabo a empresa Alpixendra.  No pleno do mes de Outubro  o grupo de goberno socialista de Vilamartin aprobou as bases do prego de condicións para contratar este servizo para o ano que ven.

O concello conta, actualmente, con 942 horas mensuais de servizo a domicilio. Dende Servizos Sociais explican que non se conta o número de beneficiarios senón as horas recibidas xa que algúns usuarios  precisan de 70 horas mensuais e outros menos.  Cada unha destas horas ten un custe de 12,12 €. Deste custe unha gran parte é sufragada pola Xunta de Galicia, outra o Concello, a Deputación de Ourense  e unha pequena parte o usuario.

Que tipo de servizos se prestan?

O Concelleiro de Servizos Sociais, Pablo Deramond, explica que nun Concello rural non só se axuda no coidado diario do usuario.  Conta que “nas horas que están, o persoal procura atender todo o que necesite o usuario, no solo cuidar a súa alimentación e a limpeza da casa. Ocurre en todos os pequenos concellos onde se intenta axudar en todo o posible” Pablo Deramond.

A oferta está publicada na web da Deputación de Ourense no apartado de perfil do contratante

http://www.depourense.es/index.php/perfil-do-contratante

Perfil do contratante

 

Entidade

Vilamartín de Valdeorras

Descripción

Procedemento aberto, varios criterios de adxudicación da XESTIÓN INDIRECTA A TRAVÉS DE CONCESIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Tipo

Servizos

Estado

Presentación Ofertas

 

 

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.