Agradecemento para todos os voluntarios e para todos os ofrecementos de colaboración

21.03.20.- Nestes días tan complicados para todos, queremos agradecer a gran solidaridade de moitos dos nosos veciños e os traballos do voluntariado que se están a facer no noso concello. Dende que empezou o decreto do Estado de Alarma numerosos veciños puxéronse en contacto con nós ofrecendo a súa axuda para o que precisaramos. Xente de Arcos, Penouta, Correxais e outras localidades deste municipio que amosan a súa grandeza e boa vontade ofrecendo a súa colaboración ben de xeito individual e tamén a través de asociacións .
Levamos toda a semana facendo traballos solidarios a parte do día a día deste concello. E esta mañá empezarmos a desinfectar as rúas do centro da vila con seis voluntarios de Protección Civil e persoal do concello. Nos próximos días continuaremos con estes e outras labouras que sexan necesarias.

Unha vez máis reiteramos o noso agradecemento a todas as persoas que traballan de xeito solidario e a todos aqueles que se ofrecen para colaborar. A todos ¡¡MOITAS GRAZAS¡¡

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.