
13.03.20.- Onte o Concello de Vilamartín decretou a suspensión das actividades grupais en locais municipais para axudar a frear a expansión da enfermidade do coronavirus. As medidas excepcionais que se están levando a cabo nestes días en toda Galicia e no resto de España levan a facer unha chamada á responsabilidade e a calma. Dende esta mañá temos un bando no que se explican as dúas medidas que se adoptan neste concello. Por un lado limitase a atención presencial na propia casa do concello e por outro suspéndense todas as actividades en grupo en locais municipais. Calquera consulta que precisen facer poden dirixirse a través do teléfono: 988 300 001 e tamén no correo electrónico: concello.vilamartin@eidolocal.es
Agradecemos a todos os veciños a súa colaboración para poder saír canto antes desta situación excepcional.