Concello

Suspéndense todas as actividades deportivas e culturais no concello ante o aumento de casos da Covid-19

Número gratuito de información sobre a Covid-19

16.10.20.- En dous días temos casi triplicado o número de casos de enfermos pola Covid-19 no noso concello. O martes informabamos de 5 casos repartidos en dúas unidades familiares e hoxe temos que falar de 14 casos en tres unidades familiares. É dicir, nunha das familias aumentou a cantidade de persoas infectadas e ademais apareceu unha nova unidade familiar de 5 persoas enferma. Todos eles están xa confinados e con control médico.

Undefined

Dúas familias do concello están confinadas pola Covid-19

14.10.20.- Hoxe recibimos información de Sanidade na que se nos indicaba que temos dúas unidades familiares positivas pola COVID19 no noso concello. As cinco persoas afectadas destas dúas familias xa están seguindo as medidas de confinamento indicadas. Pola nosa parte xa activamos o protocolo pertinente e lembramos que si as familias afectadas necesitan axuda poden poñerse en contacto co concello ou con Protección Civil. Así mesmo xa solicitamos a axuda dos membros de protección civil, que nas próximas horas procederán á desinfección de rúas.

Undefined

Varias rúas do concello cambiarán de nome ou terán un novo

Mapas das tres zonas onde cambiarán ou haberá novos nomes de rúas

08.10.20.- Na sesión plenaria do mes de setembro, un dos puntos da orde do día, foi a adxudicación de nomes a viais que non tiñan ata agora nomenclatura e tamén se propuxeron cambios para outras. As zonas nas que se fixeron as modificacións foron no núcleo urbano de Vilamartín, no pobo de Córgomo e tamén no de Valdegodos. Entre as novas denominacións está a homenaxe a un alcalde da vila fusilado no ano 1936: Augusto Sierra Rodríguez. Esta nova rúa estará na localidade de Valdegodos, un tramo da estrada que conecta esta localidade con Córgomo.

Undefined

O concello busca apoio en Medio Rural para que as novas plantacións de viñedo teñan medidas que eviten as escorrentías para non danar os terreos e as estradas

A chegada das choivas de outono fan pensar de novo nun problema que xera gastos ás arcas municipais e degrada os terreos de viñedos, xerado polo cambio no xeito de traballar as fincas. Coas choivas a terra destas fincas é arrastrada e invade as estradas e camiños públicos tendo que proceder a súa limpeza para evitar accidentes e atascos nas beirarrúas.

Undefined

O Concello convoca unha praza de albanel e outra de peón forestal para traballar ata fin de ano

12.06.20.- O concello de Vilamartín convoca dúas prazas para contratar traballadores. Unha será para un albanel e outra para un peón forestal. Os contratos serán de 6 meses por obra.
O prazo para presentar as solicitudes no rexistro do Concello estará aberto ata o día 19 de xuño.

Undefined

O Concello apela á responsabilidade cidadá para non meter cans no campo de fútbol

Os cans non poden entrar no Campo de Fútbol

05.06.20- As instalacións deportivas non son espazos para que as usen os animais de compañía, polo que dende o Concello apelan á responsabilidade cidadá para que non se acceda ao campo de fútbol con cans. Este espazo está habilitado para o seu uso deportivo o que non é compatible coa presenza de animais domésticos, os destrozos que poden ocasionar e os seus excrementos . En todo o municipio existen numerosos espazos onde os animais poden estar libres sen necesidade de que estean nos parques ou espazos de actividade deportiva .

Undefined

Vilamartin, como concello pequeno, terá horario amplio para sair a pasear e facer deporte

Subliñado nun recadro negro a ampliación de horario por ser municipio de menos de 5000 habitantes

O Concello de Vilamartín terá un horario diferente nesta fase de desescalada da enfermidade do Coronavirus. Ao ser un concello de menos de 5.000 habitantes non terá que facer horarios partidos para que poidan sair a pasear e facer deporte os diferentes grupos de poboación.

Undefined

O Concello pon a disposición dos alumnos un servizo de impresión de contidos escolares

Cartel anunciando o servizo de impresión

08.04.20.- O Concello de Vilamartín continúa co seu traballo de axudar aos veciños durante o Estado de Alarma orixinado pola enfermidade do Coronavirus. Ademais das desinfeccións nas rúas e o servizo do teléfono de axuda para compras e outras necesidades, agora poñen en marcha un servizo orientado aos alumnos do centro escolar Xosé Manuel Folla Respino. Nesta ocasión poñen a disposición do alumnado as impresoras municipais para que poidan facer copias de traballos e contidos escolares.

Galego

Bando sobre as medidas adoptadas para conter o Covid-19 no noso concello

Bando do Concello de Vilamartín coas medidas preventivas adoptadas dende este organismo

13.03.20.- Onte o Concello de Vilamartín decretou a suspensión das actividades grupais en locais municipais para axudar a frear a expansión da enfermidade do coronavirus. As medidas excepcionais que se están levando a cabo nestes días en toda Galicia e no resto de España levan a facer unha chamada á responsabilidade e a calma. Dende esta mañá temos un bando no que se explican as dúas medidas que se adoptan neste concello. Por un lado limitase a atención presencial na propia casa do concello e por outro suspéndense todas as actividades en grupo en locais municipais.

Undefined

Á Concellería de Deportes gustaríalle obter máis subvencións para contar con máis actividades deportivas para os nenos do concello

02.11.18.- A actividade de fútbol sala que imparte o concello de xeito gratuíto para os nenos comezou no mes de outubro cunha pequena axuda de Deputación. Dende a Concellería de Deportes  informan da concesión dunha axuda económica por valor de 646.22 euros para sufragar unha pequena parte desta actividade para todo o ano. Dita contía, explican que  é a única que en Deportes se recibe dende a Deputación de Ourense de xeito anual.

Undefined

Páxinas

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.